CRTVG

Buscar

O buque escola Pelican of London xa confirmou a súa participación na regata Iacobus Maris

Publicado o 18/10/2021 14:46

Vigo é un dos atraques habituais do buque escola Pelican of London e xa ten asegurado o seu regreso como parte dunha navegación especial, axeitada para grandes veleiros coma este, que o ano que vén percorrerá o primeiro Camiño de Santiago.

O Pelican of London foi construído en 1948 e viaxa con 35 estudantes a bordo que embarcaron en Alemaña hai unhas semanas e que realizan as tarefas da tripulación.

Ademais deste veleiro británico, outros dous buques escola xa confirmaron a súa participación na travesía Iacobus Maris.

Noticias web

18/10/2021