O buque escola noruegués Sorlandet fai escala por segunda vez en Vigo
Publicado o 09/10/2019 19:36
O buque escola noruegués Sorlandet elixiu Vigo outra vez como escala dun cruceiro de instrucción.
A bordo viaxan 57 alumnos de diferentes nacionalidades, de entre 16 e 19 anos. Todos eles cursan un ano académico nesta impresionante fragata de 1927.
Este é o segundo ano que fai escala en Vigo e, dende que saiu de Noruega o pasado mes de agosto ata o regreso o mes de maio vindeiro a Holanda, percorrerá as costas de Xamaica, O Brasil ou Cabo Verde.
O venres pola tarde e o domingo pola mañá haberá xornada de portas abertas para visitalo.