CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O buque-escola Juan Sebastián de Elcano recala na Arxentina comandado por un ferrolán

Publicado o 21/04/2018 21:31

O buque escola da Armada española Juan Sebastián de Elcano recala esta fin de semana na Arxentina. É o seu 90 cruceiro de instrución. Está comandado por un ferrolán e nel viaxan 61 futuros
oficiais para completar a súa formación .

A porto de Bos Aires fai honra estes días a ese crisol cultural que é A
Arxentina pois reúne a buques escola chegados de diferentes países do mundo
e que están a participar na regata internacional Velas Latinoamérica 2018.
Entre eles o Juan Sebastián de Elcano, da Armada española, comandado por un
ferrolán, o capitán de navío Ignacio Paz.

Condecorado nacional e internacionalmente este oficial da Armada ostenta
dende xullo o mando do veleiro insignia de España.
"É unha alegría enorme e un pouco o cumio a unha carreira a un oficial da
Armada e un oficial do mar, de haber estado moitos anos embarcado. Sempre
é como un soño e neste caso fíxose realidade", apunta Ignacio Paz, capitán de Navío.
Nos seis meses que dura esta travesía número 90 do Juan Sebastián de Elcano
darán a volta a Suramérica e o buque cruzará por primeira vez o austral
Cabo de Hornos. Unha viaxe atractiva para os mariñeiros e con paradas en
portos como o de Bos Aires onde ser galego se revaloriza.

"Galego é outra marca de calidade nestas terras que eu asumo con moita
alegría e orgullo".
Esta pequena embaixada flotante leva a bordo a 61 alumnos da Escola Naval
de Marín, nun 25% galegos, para completar a súa formación coma os mariños
de antano.
"A vida a bordo é moi intensa dende que nos levantamos pola mañán ata que
nos deitamos. Temos que estudar moito durante o día e sobre todo tamén
maniobrar coas velas, subir aos paus para botar as velas. Son experiencias
que só podes vivir nun barco coma este", explica o gardamariña Miguel Ramos.

"Chegar a un porto e coñecer as cidades, a forma de vivir e de entender o
mundo de cada parte é diferente e iso ao final é o que un se leva".

"Realmente é moi enriquecedor".
Asemade, estas viaxes son un apoio clave para a política exterior española.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí