CRTVG

Buscar

O buque escola británico arriba a Vigo e este martes poderá visitarse

Publicado o 21/10/2019 13:54

É o Pelican of London, un buque escola británico que estes días fai escala no porto de Vigo. Trinta e dous mozos, neste caso alemáns, navegan a bordo para vivir na súa propia pel como é o traballo no mar e formarse no mundo da náutica. Ademais, para eles convértese nunha experiencia vital máis ampla, compartindo experiencias e coñecementos con escolares dos portos que visitan por todo o mundo.

O capitán do buque explica que xa estiveron en Vigo e que volverán o ano que vén para participar no Camiño de Santiago por mar que se prepara con motivo do Xacobeo. A partir de mañá abrirán as súas portas ao público entre as dúas e as seis da tarde.

Ademais de ser unha escola flotante, o Pelican of London participa anualmente en diferentes competicións deportivas e organiza travesías para particulares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019