O buque Audaz parte cara a Sicilia para recoller os 15 migrantes do Open Arms que van vir a España
Publicado o 26/08/2019 17:34
O buque Audaz da Armada Española pon rumbo a Sicilia para recoller os 15 migrates do Open Arms que van vir para España.
O barco levaba fondeado fronte ás costas de Lampedusa desde o pasado venres agardando autorización da fiscalía italiana para achegarse a terra. A manobra nunca chegou a facerse, porque, segundo o Goberno italiano, polas súas dimensións non podía entrar no porto de Lampedusa.
Finalmente, foi enviado a Sicilia, desde onde se vai facer o repartimento de migrantes. Por diante tan 11 horas de navegación. Non se sabe aínda cando regresará a España.