CRTVG

Buscar

Un buque da ONG Salvamento Marítimo Humanitario busca apoios na Coruña

Publicado o 20/03/2019 16:32

O buque Aita Mari, da ONG Salvamento Marítimo Humanitario, recala na Coruña dentro dunha campaña para conseguir que o Goberno autorice a súa saída cara ao Mediterráneo central para rescatar inmigrantes.

Foi un antigo buque atuneiro reconvertido para poder acoller refuxiados que utilizan as rutas marítimas do Mediterráneo para fuxir cara a Europa. A ONG Salvamento Marítimo Humanitario agarda desde hai dous meses o permiso do goberno para navegar cara o Mediterráno central, unha autorización que lles denega a Dirección Xeral da Mariña Mercante por razóns adminsitrativas que non comparten e que máis ben atribúen a unha motivación política.

Segundo os datos de ACNUR, seis persoas morren cada día afogadas no Mediterráneo. Desde Salvamento Marítimo Humanitario reclaman da Unión Europea unha politica migratoria responsable e solidaria.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019