CRTVG

Buscar

O brote de tuberculose do Saviñao que afectou varios menores xa está controlado

Publicado o 04/01/2019 09:44
O brote de tuberculose do Saviñao que afectou varios menores xa está controlado

O tenente de alcalde do municipio lucense do Saviñao, Carlos Armesto, confirmou que o brote de tuberculose pulmonar detectado en Escairón, que afectou varios menores, "está controlado", dado que a Consellería de Sanidade tomou "as medidas que tiña que tomar" para evitar novos contaxios e previr que a enfermidade se propague.

Armesto confirmou que este brote se produciu a raíz do contaxio dun adulto, que non informou sobre o feito de que se infectou de tuberculose e acabou transmitíndolles a enfermidade "ao seu propio fillo e a un sobriño".

Ademais deses dous nenos, a enfermidade sería detectada polo menos noutros tres menores, mentres que un sexto permanece vixiado para comprobar se tamén se contaxiou. O tenente de alcalde aclarou que "Sanidade xa realizou probas a todos os alumnos de primaria" do colexio Doutor López Suárez de Escairón, pero todos os demais deron "negativo", polo que considera que o brote "xa está controlado".

O Sergas confirmou que é a Unidade de Tuberculose do HULA a que coordina o protocolo establecido polo programa de prevención desta enfermidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019