CRTVG

Buscar

O brote da Mariña suma seis positivos máis: xa hai 28 contaxiados confirmados

Publicado o 29/06/2020 20:26

As probas realizadas ata esta mañá na Mariña confirman outros seis positivos relacionados co brote detectado o martes pasado. Con eles, xa son 28 os casos detectados.

A Consellería de Sanidade xa rastrexou case 400 persoas relacionadas con este brote, e continúa investigando novos posibles contactos. 

Dos 28 positivos, a maioría son asintomáticos ou teñen síntomas leves, pero teñen a obriga de permanecer en illamento domicilario durante 14 días. Un dos infectados continúa ingresado, iso si, no Hospital Público da Mariña.

Baixan os casos no brote da Barbanza

Pola súa parte, o foco de covid-19 detectado na comarca da Barbanza descendeu a sete casos activos. Cando xurdiu, ata nove persoas deran positivo nas probas. Ningún dos contaxiados necesitou hospitalización.