CRTVG

Buscar

O Breogán volve perder a Úriz por unha lesión muscular

Publicado o 26/03/2019 18:42

E o ultimo partido do Breogán deixa algunha lesión de importancia. A lesión muscular do base Ricardo Úriz. Baixaba a defender e notou a picada na zona do abdutor.

O club informará esta tarde da lesión, pero todo apunta que estará preto dun mes de baixa. Úriz non xogará a fin de semana na pista do Joventut; si poderá estar aí Christian Díaz, que no mesmo encontro sufriu un duro golpe pero xa está moito mellor e adéstrase co equipo, ao igual que Alec Brown.

Noticias web

26/03/2019