O Breogán quere encarreirar a gran final de ascenso á ACB no primeiro partido
Publicado o 11/06/2021 15:37
Chegou o momento máis agardado da temporada. A gran final polo ascenso comeza mañá en Granada.
Diego Epifanio: "Imos ir coa intención de facer o mellor partido posíbel. Imaxino que eles quererán ascender igual ca nós".
Granada e Breogán foron os dous mellores da liga regular. Pero só un conseguirá o ascenso.
"É un equipo que nos vai esixir moito e teñen o factor cancha a favor. Ademais non teñen tantos quilómetros enriba", declaraba o adestrador celeste.
O xoves o Pazo ruxirá por última vez na temporada. Ben puidera ser para celebrar que é equipo de ACB.