CRTVG

Buscar

O Breogán sofre pero leva a vitoria nun partido axustado co UCAM Murcia (77-73)

Publicado o 10/02/2019 19:20
O Breogán sofre pero leva a vitoria nun partido axustado co UCAM Murcia (77-73)

Volydymir Gerum foi o heroe dun partido que pode valer a permanencia para o Breogán. O pivote ucraíno xogou o partido da súa vida. Anotou 20 puntos, capturou 10 rebotes, 7 en ataque para un total de 37 puntos de valoración. Todo dentro dun encontro que non pasará á historia pola súa calidade baloncestística, pero si pola emoción e a incerteza do resultado.

O envite era de órdago para lucenses e murcianos, iso reflectiuse na pista cunha tensión extra que propiciou demasiados erros. O primeiro cuarto pechouse cunha tripla de Alac Browm, 16 a 21 para o Murcia. No segundo, o Breogán volteou o resultado, Gerum seguiu martilleando o aro dun Murcia que respondía a cada arreón local cunha canastra tripla.

Igualada absoluta que rachou outra vez Alec Browm cun lanzamentso desde a liña de esistenta. 36 a 34 ao descanso.

No terceiro, alternancias continuas, ata que Askie Booker atinou con dúa triplas para o 54 a 55. Gerum volveu acudir ao rescate, con Salva Arco de aliado. O capitán asumiu a responsabilidade cando o electrónico indicaba empate a 66 puntos e 2´50¨ para o final. Arco anotou sete puntos consecutivos, sete puntos que levaron o Breogán a unha vitoria épica, a unha vitoria que pode valer o título da permanencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019