CRTVG

Buscar

O Breogán, no seu mellor momento, afronta o reto do Palau

Publicado o 09/01/2019 20:18
O Breogán, no seu mellor momento, afronta o reto do Palau

O Breogán acaba de protagonizar un mes perfecto. 4 partidos, 4 vitorias. Unha serie que comezou despois da derrota ante o Baskonia. Nada facía prever unha reacción semellante, o Breo era penúltimo con só dúas vitorias e o seguinte rival era o campión de Europa, o Real Madrid.

"Non temos que saír asustados porque entón xa perdemos antes de empezar, hai que saír pensando que é unha oportunidade", di Natxo Leskano. 

E o Breogán fixo o partido perfecto. O Pazo vibrou cun choque que queda xa para a memoria, o equipo de Natxo Lezkano asinou unha actuación sobresaliente, unha vitoria que elevou ao conxunto, imparable a partir de entón. Porque logo de superar o vixente campión, os lugueses afrontaban outro reto de nivel, o Andorra. E volveron impoñerse cun gran partido de Alec Brown e Cristian Díaz. Antes do Nadal chegaba un partido a priori máis doado pero que se foi poñendo costa arriba. Dúas prórrogas e unha proba de carácter que culminou coa terceira vitoria consecutiva. E na primeira xornada do 2019 tocaba o último clasificado, o Gipuzcoa.

"Para nós este é o partido máis importante da temporada, vimos de gañarlle ao Madrid e Andorra e tal e iso está moi ben pero este é o partido clave para nós", asegura o adestrador do Breogán. 

E no primeiro partido sen Jerome Jordan, o Breo soubo estar á altura para se converter no único equipo invicto na ACB neste mes. Un conxunto preparado para outro reto de altura, o asalto ao Palau o domingo pola tarde.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019