CRTVG

Buscar

O Breogán marca o encontro co Murcia como o máis importante da temporada

Publicado o 06/02/2019 13:59

O xogador do Cafés Candelas Breogán Christian Díaz é rotundo sobre o encontro do domingo ante o Murcia: é o máis importante da temporada e marcará o futuro do club.

"A día de hoxe evidentemente é o partido máis importante e trascendente que temos en toda a temporada. Tanto nós como Natxo nos facemos saber da importancia deste partido e do que depara para o resto da temporada. Temos que estar sobre todo tranquilos, non deixar que esa presión ou a importancia deste partido nos excite ou nos poña nerviosos, todo o contrario, temos que tomalo como unha final", explicou Christian Díaz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019