CRTVG

Buscar

O Breogán logra a oitava vitoria tras derrotar o Melilla por 88-84

Publicado o 07/12/2019 20:54

É a cuarta vitoria consecutiva dos lugueses

En baloncesto temos a cuarta vitoria seguida do Breogán.
Os galegos puxeron os vimbios do triunfo no primeiro tempo. Anotaron 29 puntos no primeiro cuarto e 27 no segundo para irse ao descanso cunha clara vantaxe de 56-40. Neste tempo foi fundamental a actuación de Roope Ahonen, que meteu once puntos case sen fallos. O finlandés anotou a última tripla do segundo acto.

Tras o descanso, o Melilla protagonizou unha gran reacción e chegou a poñerse a só tres puntos 66-63. Quedaba todo por decidir no último cuarto. O Melilla logrou empatar a 75 puntos pero un parcial de 10-0 para os breoganistas deixou en Lugo a oitava vitoria da temporada por 88-84.

 

Noticias web

07/12/2019