CRTVG

Buscar

O Breogán irá "a por todas" no partido contra o Estudiantes

Publicado o 13/04/2019 17:04

Un dos partidos máis importantes aos que deben enfrontarse. Así definen dende o Breogán o encontro que disputarán este domingo en Madrid, na cancha do Estudiantes. Unha cita clave para o equipo lucense, xa que o triúnfo suporía a entrada directa na loita pola permanencia.

 "É un partido moi importante, un rival directo, é unha oportunidade, como unha vitoria que vale dobre, é un dos partidos máis importantes que tivemos ata agora", explica Belemene

Os de Tito Díaz saben que gañar fóra da casa é un reto, e que a vitoria pasa por frear o Estudiantes na defensa e acertar co ataque. Un desafío para o que hai que dar o cen por cento.

 "É un partido importante, hai que ir a por todas pensando que é unha final, tomalo como o útimo partido da liga e como un partido de salvacion, e os outros xa os pelexaremos, pero se sacamos este partido vai ser moi bo para nós", di o xogador Romanic Belemene.

Un partido con ausencia de Sergi Vidal pero que contará con Cvetkovic e Salva Arco. En fronte, un rival que venceron na primeira volta, pero que lles gaña por unha vitoria e que logrou sete dos seus nove triunfos ante os afeccionados. O encontro disputarase o domingo ás sete e media, no Wizink Center, ante máis de 10.000 espectadores, entre os que tamén haberá moitos afeccionados lucenses apoiando o seu equipo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019