CRTVG

Buscar

O Breogán imponse ao Marín por 72-56 no derbi da LEB Ouro

Publicado o 23/11/2019 19:41

Vitoria do Breogán no derbi da LEB Ouro. 72 a 56 ante o Marín no Pazo. Sexto triunfo da temporada dos de Epifanio. E nova derrota dos de Javier Llorente, moi lastrados polas baixas. O Marín segue pechando a clasificación. O Breogán, sen Dago Peña, estaba obrigado a sacar o partido na casa tras un ano irregular. O equipo lucense estivo solvente nos dous primeiros cuartos, deixouse ir no terceiro cun parcial de 10-19 e rearmouse no derradeiro para sumar a segunda vitoria consecutiva. Moi destacada a actuación de Salva Arco, autor de 18 puntos. O xogador agradece recuperar as boas sensacións no Pazo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/11/2019