CRTVG

Buscar

O Breogán gaña na cancha do Canoe cun gran Arco

Publicado o 30/11/2019 14:40
Terceira vitoria seguida dos lucenses na LEB Ouro

A LEB ouro volve ser protagonista esta tarde na G2. Ás sete e media veremos o derbi galego desta undécima xornada, o Marín Peixe Galego - Club Ourense Baloncesto, desde o pavillón da Raña.

Onte xogou e gañou o Leite Río Breogán. Venceu na pista do Canoe nun partido que dominou sempre pero que non puido decidir ata os últimos instantes. Foi fundamental a magnífica actuación do capitán Salva Arco, que anotou 23 puntos. Varias accións súas nos minutos decisivos aseguraron a vitoria, a terceira consecutiva para os lucenses.

Noticias web

30/11/2019