O Breogán gaña a Unicaja e sae do descenso
Baloncesto. O Breogán sae do descenso tras derrotar o Málaga. Tras a malleira recibida ante Estudiantes, o equipo soubo erguerse e logrou derrotar un dos grandes da liga como é Unicaja. Novena vitoria do Breogán e agradecemento aos afeccionados. O Murcia ten un partido menos.
Vitoria gregaria e lexionaria dos de Tito Díaz que foron facendo a goma cuarto a cuarto contra un Unicaja superado pola fe na vitoria do Breogán. Nos libros queda.
Cafés Candelas Breogán 83 - Unicaja 75
O primeiro cuarto deu a medida de todo o partido e os andaluces tiveron que esforzarse para levantar dous parciais, 6-0 e 10-0, do Breogán. Xa no segundo cuarto as triplas de Brown e Redivo foron clave para ir levando o marcador en vantaxe e, malia a reacción de Unicaja, acabar o tempo un arriba e moi robustecidos en defensa.
Un mate de Alec Brown e unha tripla de Ray McCallum conseguiron levar o seu equipo a unha vantaxe de sete puntos que obrigou a unha reacción rápida de Casimiro dende a banqueta rival. Man de santo porque dúas triplas de Wiltjer e unha canastra de Roberts semellaban pechar o cuarto para os visitantes.
Lofberg puxo o 51-49 a prol do Breo para entrar no último cuarto. Volve repetirse a alternativa no marcador e no momento decisivo con 55-59 no electrónico os de Díaz non se entregan callando os mellores minutos do partido: 64-60 e reacción de Unicaja tras vérense con parcial en contra de 11 a 1. A aparición de McCallum nos momentos decisivos, e aquel o foi con dúas triplas, desnivela o marcador definitivamente para os de Lugo.