CRTVG

Buscar

O Obradoiro ficha a Fletcher Magee

Publicado o 20/07/2019 16:26
O Obradoiro ficha a Fletcher Magee

O Obradoiro ten novo xogador, o lanzador norteamericano Fletcher Magee ficha por unha temporada.
Trátase dun escolta de 1,91 metros e 22 anos que procede da Universidade de Wofford. Alí anotou unha media de 20,3 puntos, 2,5 rebotes e 1,6 asistencias en 31 minutos de xogo. Hai que destacar as 158 triplas que anotou nos 35 partidos da súa última campaña, que sumadas ás que xa anotara en temporadas anteriores permitíronlle bater o récord de triplas na historia da NCAA.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí