CRTVG

Buscar

O Breogán ficha a Dago Peña

Publicado o 20/07/2019 15:32
O Breogán ficha a Dago Peña

O Breogán acaba de facer oficial a contratación do aleiro dominicano Dago Peña, que xa conta con experiencia no baloncesto galego tras xogar dúas campañas no Club Baloncesto Coruña, xunto a Tito Díaz, actual director xeral do Breogán.

Os dous participaron desta última vitoria en Riazor ante o conxunto lucense, onde Peña sumou 22 puntos, nove deles nos primeiros cinco minutos. Esa boa temporada permitiulle fichar polo Barcelona e posteriormente polo Estudiantes. No seu último exercicio militou no Pieno lituano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí