CRTVG

Buscar

O Breogán faise coa Copa Galicia e derrota o Obradoiro

Publicado o 01/11/2018 10:22

Baloncesto, o Breogán proclamouse onte en Marín campión da Copa Galicia.

Este era o intre en que o conxunto de Nacho Lezcano recibía a Copa de campións, rachando unha xeira de 8 títulos consecutivos para oi Obradoiro. A final, moi entretida, decidiuse a prol do Breogñan por un axustado 75 a 74. Este é o segundo partido que o Breogán lle gaña ao Obradoiro en cinco días. O Obradoiro puido gañar o partido, pero na última posesión Kyle Singler non estivo atinado. Errou ese lanzamento e a Copa Galicia deste ano...foise para Lugo


 

Noticias web

01/11/2018