CRTVG

Buscar

O Breogán destitúe a Lezkano: "Os xogadores son os que teñen que reverter isto"

Publicado o 18/03/2019 19:40

Natxo Lezkano foi destituído tras a estrepitosa caída do equipo Donostia. 100-65, máis de 30 puntos de diferenza. O marcador sitúa o Breogán en postos de descenso coa particularidade de que na próxima xornada recibe o Fuenlabrada. Os madrileños teñen un triunfo máis. Lezkano vivía a súa terceira temporada en Lugo. Da súa man chegou o ascenso e dous títulos máis, a Copa Princesa e a Copa Galicia. O adestrador despediuse xa do club. Evitou polemizar sobre a súa saída pero deixoulles un recado aos xogadores tras a dolorosa derrota ante Guispúscoa.

Natxo Lezkano, ex-adestrador do Breogán: "Pasamos de gañarlle a Murcia, de ter o último tiro en Sar, de ter posibilidades ante Baskonia, a non comparecer esta fin de semana. Non lle vou dar máis voltas. Fíxeno ata onte pero agora xa non é o meu problema. Os xogadores teñen que sacar o equipo desta situación".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019