CRTVG

Buscar

O Breogán gaña con contundencia o derbi ante o COB

Publicado o 29/12/2019 12:53

O Breogán solucionou o choque ante o COB coa mesma contundencia coa que unha semana antes resolvera o partido co Leyma. 85-52 no marcador para os de Epi, que onte non só melloraron en tres puntos o acerto medio senón que puliron a liña defensiva.

"Ao final o equipo traballa ben, compartimos ben o balón, independentemente do acerto. En ataque estivemos moi ben. Cada un vai atopando o seu lugar e a maneira de axudar o equipo. Nos dous últimos partidos tivemos moi bo nivel defensivo", asegura Diego Epifanio.

Powell, Ahonen e especialmente Gavrilovich, que onte fixo méritos para acabar a temporada en Lugo, marcaron as diferenzas no Pazo. Dúas triplas consecutivas de Ahonen e e esta asistencia do serbio para Fall deixaron 21 puntos por riba os lucenses ao remate do terceiro cuarto. O COB facía augas por todos os flancos.

Hai unha diferenza abismal entre os dous equipos. Eles son moito mellor que nós. E temos un problema: non sabemos sufrir no campo unha vez que as cousas se torcen", di o adestrador do COB.

Alvarado, o mellor dos visitantes, con 16 puntos e catro de sete triplas, non foi quen de recurtar distancias. Con varios tiros consecutivos, Powell anulou a capacidade de reacción do rival nun último cuarto que se lles fixo moi longo aos ourensáns. O COB remantou 20 puntos por debaixo da súa media.

Noticias web

29/12/2019