O Breogán conxúrase para xogar unha final co UCAM
"É unha final para nós e temos que gañar como sexa". A mensaxe repítese como un mantra. Os xogadores do Breo téñeno claro: o partido contra Murcia vai marcar o que resta de temporada e pola súa cabeza non pasa outra cousa que non sexa a vitoria. Lucio Redivo: "Obviamente que sabemos que despois hai máis partidos, aínda falta moito, isto é longo, pero este partido é clave para nós".
Lezkano pídelles aos xogadores que se preparen para un encontro duro, que xoguen con intelixencia para poder impoñerse ao físico dos murcianos, e que non se vaian do partido en ningún momento. O domingo á tarde veremos que ocorre, pero todos os protagonistas agardan un partido igualado ata o final, de nervios e que se decida por poucos puntos.
A vantaxe coa que conta o Breo é a de xogar na casa, onde seguro que os de Sito Alonso notarán a presión do Pazo desde xa antes do salto inicial.