CRTVG

Buscar

O Breogán confirma a fichaxe de Ochefu

Publicado o 02/04/2019 18:34

Baloncesto. Xa é oficial. O Breogán ficha o pivote Daniel Ochefu ata final de temporada. A idea do club é que poida debutar o domingo no partido do Pazo ante o Barcelona. Ochefu ten 25 anos, mide 2,11 e destaca polo seu físico e poder intimidatorio. Chegou a disputar 23 partidos na NBA, cos Washington Wizards. Excelente reboteador, en 2016 gañou a Liga Universitaria. Esta temporada, nos Stockton Kings, liga filial da NBA, fixo de media 15 puntos, 9 rebotes, 2 asistencias e 1 tapón de media por partido. A do Breogán será a súa primeira experiencia en Europa. Ochefu asina contrato ata final de temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019