CRTVG

Buscar

O Breogán confía na ilusión e no Pazo para afrontar o debut na ACB

Publicado o 16/09/2021 15:29

Comeza a conta atrás para o Rio Breogán. O sábado no Pazo inician a liga ACB así que hoxe tocaba repoñer forzas.

Calquer aporte extra vai ser necesario para afrontar un inicio de liga esixente para os lugueses. Ao Pazo chega este sábado Tenerife, o 3º clasificado na temporada pasada e xusto a continuación dúas saídas: Burgos e Barcelona. O reto é complicado pero en ilusión, o Breogán gaña por goleada.

"Estamos moi ilusionados con volver á ACB, xera ilusión. O Pazo será a nosa arma".

Noticias web

16/09/2021