CRTVG

Buscar

O Breogán cae na pista de Estudiantes e complica a existencia (95-62)

Publicado o 14/04/2019 21:51
O Breogán cae na pista de Estudiantes e complica a existencia (95-62)

Caner-Medley recuperou a súa mellor versión e, con 27 puntos, 11 rebotes e 35 de valoración, marcou o camiño para os locais, que foron superiores durante todo o encontro.

Tratábase dun duelo directo pola supervivencia na categoría e o Breogán de Tito Díaz non estivo á altura.