CRTVG

Buscar

O Breogán busca en Palma a segunda vitoria que lle dea o paso a semifinais

Publicado o 25/05/2021 22:04

Diego Epifanio está de celebración. Este martes fixo os 43 anos, en pleno playoff contra o Palma, e que mellor xeito de festexalo que coa segunda vitoria.

"Para nós é un partido moi importante, sería gañar un play off 2-0, teriamos tempo para podermos pensar que facemos", considera o técnico lucense.

Non será doado. O Palma xa demostrou ser un equipo perigoso, especialmente na casa. E está obrigado a gañar para forzar o desempate.

"É un equipo de momentos que se ten o día pode meter moitos puntos, temos que estar preparados para iso, estarmos concentrados, sabemos a que xogan, que é correr moito, un xogo moi alegre e temos que tentar parar iso", analiza Iván Cruz.

Unha das incógnitas do partido será a participación de Kevin Larsen. O pivot danés sufriu unha escordadura no encontro do sábado ante os insulares.

"O estado físico de Kevin? Está igual de guapo que hai 3 ou 4 días", chancea Diego Epifanio. "El ten moitas ganas, logo xa veremos a ver que tal, se é por el, seguro que si", aclara o técnico.

O rival do Breogán en semifinais sairá do gañador do Tau Castellón-Alacante, no que os castellonencos levaron o primeiro partido.

Noticias web

25/05/2021