O Breo a deixar o colista a tres vitorias
Publicado o 04/01/2019 17:28
Natxo Lezkano, adestrador do Breogán: "Para nós, e isto teno que entender todo o mundo, este é o partido máis importante da temporada. Vimos de gañarlle ao Madrir, e a Andorra, e tal,... e iso está moi ben, pero este é o partido clave para nós".
Lezkano teno claro, e pide o apoio do Pazo na mañá de Reis. O Breo daría un paso adiante moi importante se o domingo é capaz de gañar ao colista, o Gipúskoa, e deixalo a tres vitorias de diferenza. Se o Breogán sumase a sexta, a cuarta consecutiva, a metade do traballo para a salvación estaría feito. Neste partido debutará a nova incorporación, o ala-pivot serbio Tadija Dragicevic.