CRTVG

Buscar

O Brasil rexistra 1.262 mortos, a cifra máis alta nun só día

Publicado o 03/06/2020 08:48

No Brasil, o coronavirus ocasionou este martes o falecemento de 1.262 persoas. A cifra máis alta nun só día.

A pandemia segue a facer estragos no país suramericano e deixa desfasada a cifra marcada neste acto en lembranza das vítimas mortais realizado en Brasilia este mesmo luns. O total de falecementos por coronavirus supera os 32.000.

O Brasil é, canda os Estados Unidos, Reino Unido e Italia, dos países con máis decesos. A cifra de persoas contaxiadas sobrepasa o medio millón e sitúa a nación que goberna Jair Bolsonaro como a de máis casos de América Latina e a segunda no ámbito mundial.

Noticias web

03/06/2020