CRTVG

Buscar

O Brasil excede os 181.000 mortos tras nove meses do primeiro deceso

Publicado o 13/12/2020 10:01

O Brasil superou nas últimas horas o rexistro de 181.000 mortes pola covid-19, o mesmo día en que fixo nove meses do primeiro falecemento pola enfermidade no país. O xigante suramericano confirma no boletín máis recente sobre a incidencia do coronavirus 686 falecidos máis nas últimas 24 horas, polo que o total de mortos son 181.123 persoas.

No mesmo período foron notificados polas autoridades sanitarias 43.900 contaxios, o que eleva de xeito notable os casos confirmados no Brasil.

 

Noticias web

13/12/2020