CRTVG

Buscar

O botellón deixa danos en Salceda e altercados na Guarda

Publicado o 07/09/2021 14:46

Nunha céntrica rúa de Salceda levan tempo queixándose dos ruídos que provocan as aglomeracións nocturnas de xente na rúa.

O concello reforzou a vixilancia, e a situación mellorou. Porén, o problema trasladouse a outras zonas onde a pasada fin de semana se rexistraron atentados contra o mobiliario urbano.

No concello da Guarda o botellón trouxo consecuencias máis graves. Alí, un axente da Policía Local quedou ferido cando trataba de identificar un mozo. Outras persoas que participaban na concentración causaron danos nun coche patrulla e lanzaron botellas contra os axentes.

Noticias web

07/09/2021