O bono turístico poderá solicitarse a partir do mércores
Publicado o 13/04/2021 16:54
Calquera persoa empadroada en Galicia poderá solicitar a partir deste mércores un bono turístico que impulsa a Xunta de Galicia para desfrutar na nosa comunidade.
"Quedamos en Galicia" é un programa de axudas directas para impulsar o sector turístico, un dos máis golpeados pola pandemia. Na edición deste hai hai preto de 700 establecementos asociados.
Os sector ten a vista posta nos próximos meses, nos que agarda ir recuperando actividade. O programa estará vixente ata o 15 de decembro. En total mobilizaranse preto de 7 millóns de euros para impulsar a confianza en Galicia como destino seguro.