O bono turístico ampliarase a unhas 4.000 persoas máis
Publicado o 08/06/2021 16:14
A Xunta confía en que unhas 4.000 persoas máis poidan beneficiarse do bono turístico. Alfonso Rueda acompañou en Vigo os primeiros adxudicatarios desta campaña, 'Quedamos en Galicia', destinada a favorecer o sector turístico e hostaleiro.
Xa hai 6.500 persoas que poden facer uso do seu crédito, e outras 20.000 quedaron en lista de agarda. Dado o éxito da convocatoria, o programa vai incrementarse en 1,4 millóns de euros, procedentes de achegas das deputacións da Coruña e Ourense, e do crédito sobrante do bono sanitario.