CRTVG

Buscar

Os galegos a partir de 18 anos poderán gozar do bono cultural da Xunta

Publicado o 11/10/2021 18:06
Os galegos a partir de 18 anos poderán gozar do bono cultural da Xunta

A partir do 1 de novembro os mozos galegos maiores de idade poderán conseguir o bono cultural da Xunta que lles vai permitir un 50 por cento de desconto en produtos culturais. Unha iniciativa para promover a cultura entre os mozos.

Un cincuenta por cento de desconto en libros, ou en entradas para salas de concertos, museos ou teatros é o que vai permitir o bono cultural da Xunta que se poderá descargar en Internet a partir do 1 de novembro. O obxectivo é estimular o consumo cultural entre a xuventude e ao mesmo tempo incentivar a industria neste sector, moi castigada na pandemia.

Poderán facer uso deste bono tarxeta os mozos a partir de 18 anos. Cada bono terá un gasto máximo de 50 euros e funcionará ata o 31 de decembro. Esta mañá o conselleiro de Cultura reuníase con asociacións e colectivos culturais para informarlles desta iniciativa, á que se poderán adherir todos os establecementos intereresados do sector a partir da semana que vén. A Xunta ten previsto un gasto de dous millóns de euros nesta campaña.

Noticias web

11/10/2021