CRTVG

Buscar

O Boiro xogará a Copa do Rei logo de derrotar no derbi o Emevé

Publicado o 09/12/2020 21:02

Esta tarde disputouse en Lugo o derbi galego da Superliga masculina de voleibol entre o Arenal Emevé e o Rotogal Boiro. A vitoria foi para o conxunto da Barbanza. Un triunfo que ademais ten o premio engadido da participación na vindeira Copa do Rei.

Ledicia enorme no equipo de Boiro logo dun partido no que tivo que sufrir para se impoñer. Chegou a ir gañando 2 sets a 0, pero o Emevé igualou e mandou o encontro a un quinto set en que o Boiro foi mellor.

O Emevé terá que agardar outros resultados para saber se tamén pode acceder a competir na Copa do Rei.

Noticias web

09/12/2020