O Boiro cae eliminado polo Guaguas (3-0) na histórica estrea copeira
Publicado o 05/02/2021 20:37
O Rotogal Boiro caeu eliminado na primeira participación da súa historia na copa do rei de voleibol. Non era doado o desafío para o cadro do Barbanza, medíase a un dos mellores equipos da competición. O Guaguas derrotara ao Boiro por tres sets a 0 nos dous partidos da liga.
Os xogadores de Emilio Palacio deron a cara nesta estrea histórica pero caeron por 25-18, 25-13 e 25-17. O Boiro volve das Canarias cunha derrota pero tamén coa grande experiencia de se ter estreado na copa.