CRTVG

Buscar

O BOE publica as novas restricións e a Xunta mantén as súas medidas

Publicado o 05/06/2021 14:36

As novas restricións aprobadas no consello interterritorial entraron en vigor esta mesma noite, logo de que o Ministerio de Sanidade llelas comunicara ás comunidades autónomas. E en principio estarán vixentes ata que se complete a inmunización do 70 por cento da poboación, que será no mes de agosto, segundo os cálculos do Goberno. Cada territorio poderá adaptar a resolución á súa situación epidemiolóxica pero sempre que sexa para impoñer medidas máis duras, nunca para relaxalas.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que Galicia sempre acata as normas de obrigado cumprimento pero cre que non está claroque esta o sexa. Rueda cre que o luns poderemos coñecer o ditame dos servizos xurídicos.

"Se nos din que é obrigratoria, loxicamente non somos un goberno insumiso pero primeiro imos ver se é obrigatorio ou non, creo que sempre demostramos a nosa coherencia e aquí facémolo tamén vendo se estamos obrigados ou non e actuando en consecuencia", di Alfonso Rueda.

O vicepresidente, que este luns se vai reunir con representantes da hostalería e do ocio nocturno, insiste en que, de momssento, manteñen o plan galego de desescalada, menos restritivo.

"E o que acabamos de coñecer agora mesmo pola publicación no BOE, que mantén esas incoherencias coma o tema das terrazas, que se restrinxe agora, e non contemplar unha análise, dado que a situación segue mellorando para poder ir gradulamente levantando as restricións que agora mesmo impoñen senón que condenan todo un verán a hostalería", di Alfonso Rueda

Madrid e Euskadi tamén responderon á publicación no BOE das novas restricións. O goberno de Ayuso espera, como Galicia, o informe dos seus servizos xuridicos para tomar unha decisión que lle permita manter o seu modelo.

E o goberno vasco anunciou que seguen en vigor as súas medidas porque están sendo eficaces.


 

Noticias web

05/06/2021