CRTVG

Buscar

O BOE publica a garantía para que a Colección Thyssen permaneza en España

Publicado o 14/07/2021 21:13
O BOE publica a garantía para que a Colección Thyssen permaneza en España

A colección Thyssen vai quedar en España durante 15 anos, e cada ano o Goberno pagará máis de seis millóns de euros polo alugueiro. O anterior contrato de alugueiro vencía mañá, 15 de xullo, e o Goberno atopaba risco de que a baronesa puidese retirar as obras. Así que hoxe o BOE publicou a garantía do Estado ás 425 obras motivado pola "esixencia de garantir a súa permanencia en España" e para "contribuír á recuperación do turismo cultural e da propia economía".

 

Noticias web

14/07/2021