CRTVG

Buscar

O BOE anuncia as normas da fase 2 á que Galicia pedirá sumarse o próximo 25 de maio

Publicado o 16/05/2020 22:51
O BOE anuncia as normas da fase 2 á que Galicia pedirá sumarse o próximo 25 de maio

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este sábado a nova orde de Sanidade sobre a flexibilización das restricións no ámbito do deporte durante o estado de alarma, na fase 2, e anuncia que "se poderá proceder á continuación da competición profesional sempre e cando a evolución da situación sanitaria o permita" sen publico e a porta pechada.

Tamén se autoriza a realizar deporte ao aire libre a calquera hora e a apertura de instalacións cubertas, piscinas e praias. 

A hostalaría poderá utilizar o 40% da súa capacidade e permítense as vodas e outras celebracións sociais cun límite de 100 asistentes en espazos abertos e de 50 en recintos pechados.