CRTVG

Buscar

O bo tempo deste inicio de setembro colle algúns concellos sen socorristas nas praias

Publicado o 04/09/2019 18:18

En Nigrán e Baiona, o servizo de salvamento nas praias rematou o pasado 31 de agosto e nestes momentos as praias de ambos os dous municipios non teñen socorristas. Os usuarios están preocupados e piden que o servizo se alongue ata que remate o verán.

Co mes de setembro chegou a calor e as praias do Val Miñor reciben miles de bañistas, malia que xa non dispoñen de equipos de salvamento. O servizo rematou o pasado 31 de agosto nos areais dos concellos de Nigrán e Baiona. A falta de socorristas preocupa os usuarios.

Durante os meses de xullo e agosto un total de trece socorristas velaron pola seguridade nas praias de Nigrán en Baiona. Unha cifra que non cobre nin a metade das trinta prazas ofertadas, o que fixo que se perderan as bandeiras azuis nesta comarca.

Mentres o areais continúan ateigados, desde a mancomunidade aseguran que as subvencións da Xunta non cobren todo o verán e non prevén ampliar o servizo.

Noticias web

04/09/2019