CRTVG

Buscar

O bo tempo contribuíu a que un día máis se enchera a praia das Catedrais

Publicado o 15/08/2019 21:58

Con case toda Galicia en festas, a Praia das Catedrais segue a recibir milleiros de visitantes, atraidos polo bo tempo, a espectaculairidade do areal e a sona que ten a praia grazas a medios e redes sociais. A regulación de visitas está a ser efectiva e non se aprecia a masificación que era habitual en anos anteriores."

Mentres uns desfrutan dos baños para sobrelevar a calor, outros agardan a súa quenda para baixar ao areal. E é que malia que a marea está alta, seguen sendo moreas as persoas que se achegan á Praia das Catedrais a aproveitar un dos días máis senlleiros do verán en Galicia. Hoxe atopamos turistas chegados dende Madrid, Murcia, as veciñas Asturias e León e mesmo dente tan lonxe como Miami. A sona da praia non deixa de atraer visitantes.

"Viñemos porque nos recomendou un amigo a visita e está moi ben." "Esto é espectacular. A miña filla xa estivera e dixo que moi ben todo. Tiña razón."

"Aproveitamos que estamos estes días por Galicia para facer a visita. Paga a pena." "Sabiamos que era unha visita que nos ía gustar. Todo moi ben."

Para os que non teñan a posibilidade de baixar a praia por causa da regulación, queda a oportunidade de desfrutar das vistas dende os cantís ou de facer compras no mercadiño lindeiro

Noticias web

15/08/2019