O bo tempo animou os galegos a encher as rúas e as terrazas este Domingo Santo
Publicado o 04/04/2021 14:33
Domingo de Pascua en Galicia con rúas e terrazas ateigadas. O bo tempo acompaña e estas imaxes están a ser a tónica habitual por toda a xeografía galega.
A falta de turismo exterior, os galegos estanse a mover por toda a comunidade. Hai ambiente nas rúas e a hostalería agradéceo.