CRTVG

Buscar

Néstor Rego (BNG): "Na medida en que o PSOE incorpore as nosas propostas, terá o noso apoio"

Publicado o 03/12/2019 11:44

Bota a andar a XIV lexislatura. O BNG volve ao Congreso cun deputado pola Coruña, Néstor Rego.

Rego di que chegan a Congreso "con ánimo de ser útiles a Galicia, ao noso país e aos traballadores e traballadoras galegas. Co ánimo que coa presenza BNG no Congreso estean tamén presentes os problemas de Galiza e as solucións que precisamos e que iso supoña resolver moitas das dificultades que está atravesando o noso país."

Participar no cordón sanitario para que Vox non estea na Mesa do Congreso "é unha cuestión de mínima esixencia democrática e o BNG non está por darlle espazo a unha forza antidemocrática, antigalega, machista, racista e que está a espallar un discurso de odio. Nós non entendemos a postura do Partido Popular favorable a darlle máis ás e máis presenza a ese discurso claramente antidemocrático. O PP terá que explicar por que.

"Na medida en que o PSOE incorpore as nosas propostas, terá o noso apoio. Cremos que iso é o que vai beneficiar o noso país."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019