CRTVG

Buscar

O BNG vincula a fin do estado de emerxencia co bo facer dos galegos e o PSdeG co proceso de vacinación liderado polo Goberno

Publicado o 21/10/2021 16:03

Sobre o levantamento do estado de emerxencia falaron o BNG e o PSdeG. Para Gonzalo Caballero, a clave da mellora epidemiolóxica está en que o Goberno central impulsou a vacinación. A voceira nacional do BNG asegura que saímos da pandemia polo papel dos galegos nesta crise.

"A sociedade galega leva feito un esforzo enorme e demostrado a súa capacidade e altura de miras, e que hoxe esteamos aquí é precisamente o resultado dunha sociedade que foi por diante duns gobernos que en moitas ocasións demostraron ir por detrás do virus, improvisaron", asegurou Ana Pontón.

"Grazas o proceso de vacinación impulsado Goberno e a UE podemos levantar ese estado de emerxencia", sinalou o líder dos socialistas galegos. 

Noticias web

21/10/2021