O BNG ve o estatuto das electrointensivas insuficiente e decepcionante
Publicado o 16/12/2020 19:49

Para o BNG, o estatuto das empresas electrointensivas é insuficiente e decepcionante. Nun comunicado, o deputado no Congreso, Néstor Rego explica que o estatuto non dará estabilidade ás empresas electrointensivas galegas porque non ofrecerá unha tarifa estable e asumible.
Rego apunta tamén que o Goberno para a elaboración estatuto non tivo en conta ningunha das propostas feitas polo BNG.