CRTVG

Buscar

O BNG traballará para evitar goberno da dereita

Publicado o 29/05/2019 21:30
O BNG traballará para evitar goberno da dereita

Xuntanza da Executiva Nacional do BNG. A cúpula da formación nacionalista reuniuse para analizar a situación tras os resultados das eleccións e que os consolidan como a terceira forza política no ámbito municipal e con representación en todas as grandes cidades. A cúpula da formación nacionalista tamén abordou a estratexia de pactos en concellos. O BNG determina que vai traballar para evitar gobernos da dereita e que tomará as decisións sobre os pactos avaliando caso por caso e dándolle un papel clave á militancia. No caso das Deputacións o BNG acorda facer primeiro unha avaliación dos resultados dos pactos dos últimos catro anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019