O BNG súmase a petición de que se rebaixe o IVE do peixe ao 4 por cento
Publicado o 06/10/2021 13:41
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, estivo este mércores na feira Conxemar en Vigo. Alí pediulle ao Goberno que rebaixe o IVE do peixe ao 4 por cento. Pontón di esta medida permitiría abaratar a cesta da compra e apoiar un sector económico moi importante en Galicia e que xera moito emprego.
"Dende o BNG queremos amosar o noso apoio á petición que se está facendo de que haxa unha rebaixa do IVE para o peixe, entendemos que é unha medida social que permitiría abaratar a cesta da compra que se está disparando pero tamén desde o punto de vista económico sería un impacto moi positivo nunha nación pesqueira como é Galicia", dixo Ana Pontón.