CRTVG

Buscar

O BNG solidarízase cos políticos independentistas presos

Publicado o 13/01/2018 15:33

A situación en Cataluña tamén marca o inicio de ano político en Galicia. A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego reiterou esta maña o seu apoio ás teses das formacións independentistas. Nun acto celebrado en Rianxo, como lembranza á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ana Pontón amosou a súa solidariedade cos políticos que están presos como consecuencia do proceso soberanista. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018