CRTVG

Buscar

O BNG recupera a alcaldía de Fene cunha moción de censura apoiada por EU e parte do PSOE

Publicado o 07/02/2020 14:52

Fene cambia de alcalde por terceira vez en menos de dous anos. O BNG presentou unha moción de censura contra o popular Gumersindo Galego, que accedera á alcaldía en 2017 a través dunha moción impulsada polo seu partido e un grupo afín ás Mareas.

O nacionalista Juventino Trigo contou cos apoios de Esquerda Unida e de dúas dos catro concelleiros do PSOE. O edil socialista contrario á moción ausentouse do pleno, así como outra concelleira que si asinou a iniciativa. A dirección local do PSOE rexeitaba a mocion. A esta diverxencia aludiu o xa ex-alcalde fenés.

Non faltaron aplausos e apupos nun salón de plenos ateigado para a moción.

Noticias web

07/02/2020